domingo, 18 de marzo de 2012

PRÁCTICAS 17: FLICKR E FLICKRCC

QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.
PARA QUE?
Serve fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.
ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo:
http://www.flickr.com/aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)
CÓMO?
Hai dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento. Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).Para crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte (nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que inscribirte. Pero realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás fotografías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario