viernes, 27 de abril de 2012

PRÁCTICA 20:COMENZAMOS A TRABALLAR CON GIMP

Vamos a traballar con un programa de retoque fotográfico coñecido por Gimp, o primer paso será descargalo en tódolos ordenadores e posteriormente iremos facendo distintas prácticas para irnos familiarizando con tódalas ferramentas e aplicacións do programa. A continuación cólgovos un manual por si tedes algunha dúbida, creo que vos podería axudar: Manual Introduccion Gimp

domingo, 18 de marzo de 2012

PRÁCTICAS 17: FLICKR E FLICKRCC

QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.
PARA QUE?
Serve fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.
ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo:
http://www.flickr.com/aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)
CÓMO?
Hai dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento. Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).Para crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte (nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que inscribirte. Pero realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás fotografías.

PRÁCTICA 16: GOOGLE MAPS

A práctica consiste en incluir no blog personal varios mapas. Busca, por exemplo, en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives. Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A URL do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web. Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).
Ver mapa más grande

jueves, 9 de febrero de 2012

PRÁCTICA 15: CREAR MURALES EN GLOGSTER

Para crear murales en glogster, hay que buscar glogster en google, registrarse e crear algún mural relacionado co voso blog, gardádelo, despois entrades no mural e ides a parte inferior dereita, cliqueades en embed this glog e aparecevos o iframe, despois compiase o embed nunha entrada como html e xa aparece no blog, na entrada anterior hai un exemplo dun mural.

Mural creado con glogster