martes, 31 de enero de 2012

PRÁCTICA 11: PERSONALIZAR O FONDO DO BLOG ACORDE AO TEMA TRATADO

Debedes de ir a plantilla, logo personalizar e fondo, alí podedes elexir unha imaxe personalizada como fondo do voso blog, primeiro tendes que descargar a foto que vos interese e gardala no voso ordenador, alí podedes póñer a foto en modo mosaico ou non e tamén elexir a alineación da foto, probade a distintas opcións e elixide a que máis vos convenza.

miércoles, 25 de enero de 2012

PRÁCTICA 10: ENGADIR GADGET CUN LOGOTIPO QUE ENLACE A UNHA PÁXINA WEB RELACIONADA EMPREGANDO LINGUAXE HTML

Para eso insertaredes un gadget con texto e teredes que ler a páxina á que vos leva a seguinte imaxe, hai que facer algo semellante ao da consellería de educación que está insertado neste blog, debedes pegar a dirección a donde queredes que acceda clicando na imaxe, e a url da imaxe, ollo!, non da páxina donde se atopa a imaxe.
lenguaje html

PRÁCTICA 9: AÑADIR GADGETS: LISTA DE ENLACES, BARRA DE VÍDEO,...

Haberá que añadir novos gadgets no voso blog, teredes que engadir unha lista de enlaces relacionados co tema da voso blogs, unha barra de vídeo de youtube que irá amosando vídeos relacionados cun tema que vos elixades,..., ide probando os diferentes gadgets dispoñibles.

martes, 17 de enero de 2012

PRÁCTICA 8:INCRUSTAR UN VÍDEO NO BLOG

Para a incrustación dun vídeo no blog o único que temos que facer é copiaar o código que aparece na páxina do vídeo en Youtube en EMBED e pegalo na nova entrada de blogger, no lugar onde queiramos que vaia o vídeo.

PRÁCTICA 7: ENGADIR UNHA LISTA DE BLOGS E UN CONTADOR WEB

No blog persoal da materia, cada alumno e alumna deberá incluír unha lista de enlaces cos blogs dos compañeiros/as de clase.
(Acceder – Diseño – Elementos de la página – Añadir un Gatdget – Lista de Blogs/Lista de enlaces)Tamén incluirá un contador web.
Un contador web é un programa informático que indica o número de visitantes que unha determinada páxina web recibe. Unha vez configurado, estes contadores incrementaranse un a un tras cada visita á páxina.
Blogger, polo de agora, non ofrece esta ferramenta pero existen diferentes páxinas nas que poder obtela gratis. Un exemplo é
contadorweb
Pódese seleccionar un contador de entre un curto, pero suficiente, catálogo de contadores de visitas. Selecciona o máis axeitado ó deseño da túa páxina.
Na mesma páxina tes as instrucións para instalar o contador en Blogspot.

PRÁCTICA 6: CREAR VARIAS ENTRADAS

Crearanse varias entradas relacionadas co tema elexido na páxina principal, engandindo imaxes e enlaces.

PRÁCTICA 5: CREAR NUEVA PÁGINA

Crearase unha nova páxina explicando cal é o obxectivo do blog, quen o crea e porqué.